Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Charla: Bosques ou plantacións? A perda de biodiversidade en Galicia

Por tipo de actividade:

Charlas e debates

Por tipo de público:

Persoas adultas, Xuvenil

Cando:

28/03/2022

Xa rematou

Inscricións:

Acceso libre até completar capacidade.

Horario:

De 19.00 h. a 20.30 h.

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

Actividade enmarcada programa de divulgación científica: PARA SABER +

Este ciclo de charlas de divulgación científica, coordinado pola profesora Ana González Tizón e a Biblioteca Fórum Metropolitano, xurde da colaboración da Asociación de veciños de Oza, A Gaiteira e Os Castros e o Grupo de divulgación científica e innovación docente da Universidade da Coruña, UDCiencia i+d

Este grupo vén desenvolvendo unha intensa actividade no campo da divulgación científica, a innovación docente e a aprendizaxe-servizo.

O programa nace con vocación de permanencia. Será o último luns de cada mes ás 19 h. na Biblioteca Fórum, con acceso libre até completar capacidade.

O luns 28 de Marzo temos a primeira charla do programa:

Bosques ou plantacións? A perda de biodiversidade en Galicia

Con Carlos Alcalde Azpiazu e Juan Pinto Lojo

A biodiversidade do planeta está a perderse a pasos axigantados en todo o mundo debido ás actividades humanas. En Galicia, está perda está a suplirse con plantacións de diversas especies. Cales? Que supón isto? Recuperaremos biodiversidade ou pola contra perderase aínda máis?

  • Carlos Alcalde Azpiazu

Ola, son Carlos Alcalde, biólogo e estudante de máster na UDC, aínda que todos sabemos que estou aquí pola divulgación e a xente. Gústanme moito os videoxogos, de feito considérome gamer, aínda que tamén a lectura, o cinema (sobre todo películas de superheroes, o meu favorito é Thor) e sobre todo a festa (sen tele e sen cervexa, Carlos perde a cabeza).

  • Juan Pinto Lojo

Son estudante de Bioloxía e Química, con especial interese na Bioloxía molecular e a Biotecnoloxía. Proximamente, gustaríame converterme en profesor e transmitirlles aos meus alumnos o interese científico que, algunha vez, transmitíronme a min, dunha forma amena e sinxela. No meu tempo libre gústame ler, escribir e debuxar, escoitar música... saír de paseo (especialmente, pola natureza)... pero sobre todo, gústame pasar o tempo rodeado da miña familia e amigos.

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión