Queres ler as reseñas dos encontros do club?
Clubs
Persoas adultas
13/06/2018
Xa rematou
19 horas
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
981184384
O club QUEERuña realiza unha das súas sesión mensuais no mes das reivindicacións do colectivo LGTB.
O club de lectura LGTB das bibliotecas leva xa dous anos de andaina. Foron moitos os debates e moitas as lecturas compartidas, todas elas vertidas no blog QUEERuña, o espazo de diálogo sobre cultura LGTB.
Nesta ocasión compartiremos as impresións sobre o libro Posiciones geográficas, relatos escritos por Suzana Tratnik e editado pola editorial LGTB Dos Bigotes, e, ao finalizar a sesión, repartiremos 22 segundos, de Eva Mejuto, para a súa lectura e posterior análise na última sesión do ano do club que terá lugar no mes de xullo.
Queres saber ...
¿En que consiste o club QUEERuña?
Os clubs de lectura presenciais son, en esencia, grupos de persoas que se reúnen periodicamente para comentar e valorar os libros que as bibliotecas lles proporcionan coa axuda dunha ou máis persoas coordinadoras. O club QUEERuña ten a súa peculiaridade en que se trata do primeiro club de lectura de temática LGTBI+ de Galicia. É o espazo de diálogo sobre cultura LGTBI+ das Bibliotecas Municipais dá Coruña que nace no ano 2016 co apoio da Concellaría de . Igualdade e diversidade No ano 2022 ábrese un segundo grupo deste club, dirixido a outras 20 persoas e no 2024, ante a forte demanda de participación, ábrese o terceiro grupo. Na actualidade, o club está formado por tres grupos e reúne a 60 persoas mensualmente.
A dinámica é idéntica nos dous grupos. Cada sesión, de carácter mensual, xira ao redor dun libro no que se reflicta, dun modo ou outro, o colectivo LGTB. Haberá títulos con contido máis explícito e outros con menos, pero cada sesión servirá para desmenuzar a realidade LGTB e o seu tratamento na literatura.
Para unirte non necesitas ser unha persoa experta na lectura: os clubs están pensados para persoas con inquietudes, ganas de ler, de facer novas amizades e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible