Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Club de Lectura Xuvenil da Biblioteca Ágora

Por tipo de actividade:

Clubs

Por tipo de público:

Xuvenil

A quen vai dirixido?:

Mocidade entre 14 e 18 anos, ambas as idades incluídas.

Cando:

Dende o 10/10/2024 ata o 19/12/2024

Os xoves, cada quince días, en horario de 18.00 a 19.30.

Inscricións:

Dende o 09/09/2024 ata o 19/12/2024

Require inscrición.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Hashtag:

#ClubsLecturaCoruna

Contacto:

bagora@coruna.gal

Teléf.: 981 189 886

Únete ao Club de Lectura Xuvenil da Biblioteca Ágora!

Nas Bibliotecas Municipais da Coruña non queremos deixar de compartir a nosa paixón pola lectura, e por iso ofrecemos novas prazas para clubs de lectura. 

Podes pertencer ao Club de Lectura Xuvenil da Biblioteca Ágora se tes entre 14 e 18 anos e ganas de ler, de facer novas amizades e formar parte dunha experiencia única. Desde a Biblioteca facilitarémosvos os libros e reunirémonos os xoves, cada quince días, para conversar sobre eles, reflexionar e divertirnos. Descubriremos xéneros literarios e autoras/es moi diferentes e non só nos limitaremos ao formato papel, senón que apostaremos por outras linguaxes dixitais e artísticas. Agardámoste!!

Queres saber ...

  • Clubs de lectura para a mocidade

    En que consisten os clubs de lectura para mocidade?

    Os clubs de lectura presenciais son grupos de persoas que se reúnen periodicamente para comentar e valorar os libros que as bibliotecas lles proporcionan coa axuda dunha persoa coordinadora.

    Non tes que ser un experto lector: os clubs están pensados para persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler, facer amigos e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.

    Máis información

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión