Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Concurso de microrrelatos: As Municipais Entenden

Por tipo de actividade:

Outras actividades

Por tipo de público:

Persoas adultas, Xuvenil

A quen vai dirixido?:

+ 16 anos

Cando:

28/06/2016

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 27/05/2016 ata o 19/06/2016

Contacto:

Nelson G. Rodríguez

bagora@coruna.es

981189886

É ben sabido que as Municipais Entenden. Este ano convocámoste a un concurso de microrrelatos dirixido a persoas de máis de 16 anos

Requisitos dos textos

Os textos remitidos polas persoas participantes poderán ser en galego ou castelán, e terán unha extensión máxima de 150 palabras, sen incluír o título.

Os textos serán orixinais, inéditos en calquera medio e/ou soporte (incluído online) e non terán sido premiados en ningún certame con anterioridade. As persoas participantes responden ante as Bibliotecas Municipais da Coruña da autoría e orixinalidade do microrrelato, asumindo a total responsabilidade ante terceirxs.

A temática do microrrelato deberá estar relacionada co ámbito LGTBQi (Lesbianas, Gais, Transexuais, Bisexuais, Queer e intersexuadxs).

Envío dos textos

Os microrrelatos orixinais deberán ser remitidos ás Bibliotecas Municipais da Coruña.

No asunto deberá figurar “Certame Microrrelatos”. Non se admitirán formularios cubertos con diferente asunto.

No corpo do correo deberá figurar únicamente “As Municipais Entenden”.

O relato deberá achegarse como arquivo adxunto no propio formulario.

Publicación

Os textos seleccionados serán publicados paulatinamente no facebook das Bibliotecas e pasarán a formar parte permanente da wiki As Municipais Entenden como recurso aberto á consulta.

Prazo de presentación

O prazo de presentación dos textos comeza o venres 27 de Maio ás 00:00 e remata ás 23:59 do domingo 19 de Xuño de 2016.

O xurado

As persoas que conformen o xurado terán a capacidade de definir os seus propios criterios para valorar os relatos e a puntuación asignada a cada un deles: orixinalidade, carácter narrativo, corrección na escrita…

Tanto para a selección como para os desempates, favoreceranse aqueles relatos cuxa autor·a non tivera recoñecemento previo ao concurso.

Sistema de votación

No día e hora marcados como fin do proceso de recepción, anunciarase no Facebook das Bibliotecas. Unha vez rematado o prazo de presentación, os relatos estarán á disposición das persoas que formen o xurado por medio dunha carpeta de Google Drive das Bibliotecas Municipais onde os relatos estarán gardados en formato pdf sen maior indicativo que un número identificativos correlativo.

O sistema de votación variará en función dos microrrelatos recibidos:

  • De 1 a 50: Unha sola rolda no caso de non haber empate, na que se puntuará de 1 a 5 cada microrrelato. Cada persoa que conforme o xurado enviará por correo as súas votacións a puntuación a cada número de relato. Duración: 2 días, para dispor de outros 2 no caso de empate.
  • De 50 a 100: Neste caso desenvolverase en dúas roldas de votación de dous días cada unha (total de 4) e dispor de outros 2 en caso de empate. Neste caso, aqueles relatos que non cheguen a un 8 (media de 2 por xurado) serán desbotados para a seguinte rolda.
  • + 100: o procedemento será igual que no segundo dos supostos pero serán desbotados da primeira rolda aqueles que non cheguen a 12 puntos (media de 3 por xurado).

Resolución do xurado

O xurado estará formado por 4 persoas de diferentes ámbitos e nomeará os 10 traballos finalistas que se farán públicos no Facebook das Bibliotecas o 27 de Xuño.

Xs autorxs seleccionadxs serán notificadxs tamén vía telefónica para estar presentes no acto de entrega do premio.

O día 28 de Xuño, coincidindo coa propia efeméride dos altercados de Stonewall que deron comezo á celebración desta data, farase entrega do premio ao relato gañador.

Premio

O premio consiste nun lote de materiais didácticos

Outros

O xurado resérvase o dereito de non admitir a concurso aqueles microrrelatos que, entre outros, atenten contra o dereito á intimidade ou propia imaxe de terceirxs; do mesmo xeito quedarán excluídos aqueles relatos que promovan comportamentos sexistas, racistas ou calquera tipo de actitude discriminatoria.

Os textos que incumplan as bases serán descalificados. O incumprimento dalgunha das bases dará lugar á exclusión dx participante. Os dereitos de autoría seguirán sendo de cada un·ha dxs participantes, mais a participación no certame supón a cesión do dereito á publicación na rede nos termos previstos no punto referido á publicación.

 

Entendes as bases?

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión