Inspírate nos materiais que destacamos na wiki As municipais entenden
Otras actividades
Personas adultas, Juvenil
+ 16 anos
28/06/2016
Ya ha finalizado
Desde el 27/05/2016 hasta el 19/06/2016
É ben sabido que as Municipais Entenden. Este ano convocámoste a un concurso de microrrelatos dirixido a persoas de máis de 16 anos
Requisitos dos textos
Os textos remitidos polas persoas participantes poderán ser en galego ou castelán, e terán unha extensión máxima de 150 palabras, sen incluír o título.
Os textos serán orixinais, inéditos en calquera medio e/ou soporte (incluído online) e non terán sido premiados en ningún certame con anterioridade. As persoas participantes responden ante as Bibliotecas Municipais da Coruña da autoría e orixinalidade do microrrelato, asumindo a total responsabilidade ante terceirxs.
A temática do microrrelato deberá estar relacionada co ámbito LGTBQi (Lesbianas, Gais, Transexuais, Bisexuais, Queer e intersexuadxs).
Envío dos textos
Os microrrelatos orixinais deberán ser remitidos ás Bibliotecas Municipais da Coruña.
No asunto deberá figurar “Certame Microrrelatos”. Non se admitirán formularios cubertos con diferente asunto.
No corpo do correo deberá figurar únicamente “As Municipais Entenden”.
O relato deberá achegarse como arquivo adxunto no propio formulario.
Publicación
Os textos seleccionados serán publicados paulatinamente no facebook das Bibliotecas e pasarán a formar parte permanente da wiki As Municipais Entenden como recurso aberto á consulta.
Prazo de presentación
O prazo de presentación dos textos comeza o venres 27 de Maio ás 00:00 e remata ás 23:59 do domingo 19 de Xuño de 2016.
O xurado
As persoas que conformen o xurado terán a capacidade de definir os seus propios criterios para valorar os relatos e a puntuación asignada a cada un deles: orixinalidade, carácter narrativo, corrección na escrita…
Tanto para a selección como para os desempates, favoreceranse aqueles relatos cuxa autor·a non tivera recoñecemento previo ao concurso.
Sistema de votación
No día e hora marcados como fin do proceso de recepción, anunciarase no Facebook das Bibliotecas. Unha vez rematado o prazo de presentación, os relatos estarán á disposición das persoas que formen o xurado por medio dunha carpeta de Google Drive das Bibliotecas Municipais onde os relatos estarán gardados en formato pdf sen maior indicativo que un número identificativos correlativo.
O sistema de votación variará en función dos microrrelatos recibidos:
Resolución do xurado
O xurado estará formado por 4 persoas de diferentes ámbitos e nomeará os 10 traballos finalistas que se farán públicos no Facebook das Bibliotecas o 27 de Xuño.
Xs autorxs seleccionadxs serán notificadxs tamén vía telefónica para estar presentes no acto de entrega do premio.
O día 28 de Xuño, coincidindo coa propia efeméride dos altercados de Stonewall que deron comezo á celebración desta data, farase entrega do premio ao relato gañador.
Premio
O premio consiste nun lote de materiais didácticos
Outros
O xurado resérvase o dereito de non admitir a concurso aqueles microrrelatos que, entre outros, atenten contra o dereito á intimidade ou propia imaxe de terceirxs; do mesmo xeito quedarán excluídos aqueles relatos que promovan comportamentos sexistas, racistas ou calquera tipo de actitude discriminatoria.
Os textos que incumplan as bases serán descalificados. O incumprimento dalgunha das bases dará lugar á exclusión dx participante. Os dereitos de autoría seguirán sendo de cada un·ha dxs participantes, mais a participación no certame supón a cesión do dereito á publicación na rede nos termos previstos no punto referido á publicación.
Entendes as bases?
También te puede interesar
¿Plazas agotadas y lista de espera activa? Apúntante! Te explicamos por qué. + info
Para el correcto desarrollo y aprovechamiento de las actividades se ruega puntualidad ya que no se podrá acceder al espacio pasados 5 minutos de la hora de inicio.
En el transcurso de todas las actividades el personal bibliotecario realiza fotografías con el objetivo de subirlas luego a los escaparates virtuales, redes sociales y/o incluirlas en carteles o guías en los que se publicitan los programas, actividades y servicios de las bibliotecas.
Si no deseas salir en estas fotografías, por favor, habla con nosotros antes del inicio de la actividad.
Escribe la palabra o palabras que deseas buscar:
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible