Charlas e debates, Contacontos
Persoas adultas
20/06/2018
Xa rematou
19 horas
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
981184384
Como se trata a realidade LGTB nos contos infantís? Ten presenza este colectivo? Hai naturalidade na súa presentación ou, pola contra, quédase no terreo do políticamente correcto?
Estas e outras cuestións serán expostas e debatidas neste debate que se establecerá entre as bibliotecarias encargadas da sección infantil da Biblioteca Ágora, e todas as asistentes ao club de lectura LGTB das bibliotecas, o QUEERuña.
As bibliotecarias realizarannos un contacontos dun dos títulos de maior éxito nas sesións de contacontos infantís. Nesta ocasión adaptarano para dirixilo especialmente a nós, persoas adultas, para achegarnos a un dos títulos de maior uso para a exposición das diversidades sexuais e de xénero entre o público infantil.
Non deixes de achegarte para, de paso que charlamos, coñecer o máis top da literatura infantil LGTB.
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible