Charlas e debates
Persoas adultas
+ 18 anos
19/03/2024
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade
18.30 h
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
981 184389
Aventúrate a descubrir un novo tema de interese, a ampliar información e contrastar ideas, coñecementos opinións arredor de temas de actualidade ou de interese xeral.
Como xa vimos na conversa anterior deste ciclo, tecnicamente, a cancelación consiste no boicot ou retirada de apoio público a toda persoa ou institución que incorra en prácticas ou difunda ideas culturalmente inaceptables. Pero como ideoloxía, a ideoloxía 'woke' como é coñecida en Estados Unidos onde xurdiu, vai máis alá: o seu obxectivo é a deconstrución da herencia cultural occidental, baixo sospeita por considerarse sexista, racista e colonialista. Trátase, polo tanto, dun dos grandes debates sociais do noso tempo e, para reflexionar sobre el, dentro do marco do noso ciclo temático A ERA DA CANCELACIÓN, contamos coa presencia de Lorena Gómez Méndez.
Lorena Gómez é licenciada en Filoloxía Hispánica e bibliotecaria na Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela. Le, escribe e fai recensións, colaborando en medios e participando de diferentes iniciativas culturais. Mantén o blog "Anchoas y tigretones" dende 2008. Con ela conversaremos sobre a cancelación no mundo da cultura e sobre a censura en bibliotecas, temas de máxima actualidade nestes tempos.
Queres saber ...
En que consisten as charlas?
Soas ou en colaboración, as bibliotecas organizan charlas, conferencias, debates. Poden ser unha boa opción para achegarse a un tema de actualidade ou de interese xeral, e unha alternativa máis para descubrir cousas novas ou afondar nas que xa coñeces, para alimentar a reflexión persoal e/ou debater e compartir con outras persoas.
Colaboramos con expertos, programamos con entidades e asociacións da nosa contorna, especializadas en ámbitos diversos e ademais, recollemos todas as suxestións que nos chegan para mellorar a oferta día a día.
Para quen queira seguir pescudando procuramos seleccionar todo tipo de materiais: libros, revistas, documentais, recursos web etc. relacionados e ofrecelos en forma de guías de lectura, mostras, seleccións de recursos ou nos centros de interese que atoparás nas bibliotecas.
Se hai algún tema que che interese, se pertences a unha organización especializada en algo concreto e queres difundir o seu coñecemento e a súa actividade, ou se sabes dun tema e estráñalo na oferta das bibliotecas envíanos a túa proposta, axudaranos.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible