Talleres
Infantil
Nenos e nenas de 8 a 12 anos
30/11/2024
Xa rematou
Dende o 23/11/2024 ata o 30/11/2024
Require inscrición
Das 11.00 ás 12.00 horas
1 h
Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña
Require inscrición
981 184 392
ACODIS, Asociación da Coruña de Dislexia e outras DEA (Dificultades Específicas da Aprendizaxe), tráennos unha historia de dragóns, onde os nenos e nenas aprenderán sobre a dislexia e outras DEA.
O sábado 30 de novembro ás 11.00 h teremos na Biblioteca Sagrada Familia a ACODIS, Asociación da Coruña de Dislexia e outras DEA, que nos trae unha historia de dragóns, onde os nenos e nenas aprenderán sobre a dislexia e outras DEA, e como poden superar os desafíos que estas presentan.
Traballarán cos nenos e nenas estratexias para a autorregulación emocional, a mellora da lectura e a escritura, e a aceptación da diversidade.
Esta actividade é unha forma divertida e atractiva de lles ensinar aos nenos e nenas sobre a dislexia e outras DEA, e de axudarlles a desenvolver habilidades necesarias para o día a día.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible