Encontros e presentacións
Para público en xeral
04/11/2024
Xa rematou
Acceso libre ata completar capacidade
De 19.00 h a 20.00 h.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.
O luns 4 de novembro ás 19.00 h na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano teremos a presentación do libro "Final de adolescencia" de Sergio Diez Sánchez, publicado polo editorial Talón de Aquiles.
O acto será presentado por Paula Ramos, escritora e xornalista, autora da novela "Cuando no recuerdes mi nombre''.
Sinopse:
Final de adolescencia é un libro sobre a melancolía, o humor e o amor, o paso do tempo, os medos e aquelas profecías que, por sorte, non sempre se cumpren. É unha viaxe poética que abarca quince anos e que, no seu interior, contén ademais algúns relatos breves e un par de ensaios.
Comeza con algúns dos poemas recentes do escritor, que se inspiran en viaxes familiares, na historia antiga, en artigos dun xornal ou na vida en parella. De aí asomámonos á mocidade do poeta, chea de intensidade, plenitude, con textos máis depurados e tranquilos que reflicten mellor a súa forma actual de estar no mundo. E é tamén un paseo por algunha desas lecturas que marcou en todo ese tempo: de Lorca a Miguel Hernández, de Walt Whitman a Georges Brassens, de Wislawa Szymborska a Cavafis.
Biografía:
Sergio Diez Sánchez (Madrid, 1993) é escritor. Estudou Xornalismo e Dirección cinematográfica. Viviu un ano en Reino Unido. A súa traxectoria levoulle por redaccións de xornais, pola radio e por algunha que outra axencia de comunicación. Gústalle estar arrodeado de libros e de cinema, e procura ir a todas partes cun bolígrafo e un caderno.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible