Contacontos
Infantil, Familias
De 3 a 7 anos.
14/12/2024
Xa rematou
Dende o 07/12/2024 ata o 14/12/2024
Require inscrición.
De 18.00 a 19.00 horas.
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
Correo electrónico: bduranloriga@coruna.gal
Teléfono: 981 184 388
Goza cos teus fillos/as dos contos e das historias que os Ratos de Lonxedetodo, uns simpáticos ratiños e ratiñas, traen á túa biblioteca. Déixate contaxiar dos seus bos costumes: a lectura en familia.
Merendas con contos é un contacontos dirixido a familias con crianzas de 3 a 7 anos no que os Ratos de Lonxedetodo, uns simpáticos ratiños e ratiñas que visitarán a biblioteca, achegarannos aos libros e á música dunha maneira atractiva e lúdica.
Queres saber ...
En que consiste Merendas con contos?
É un programa de animación á lectura dirixido a familias con nenas e nenos de 3 a 7 anos no que os Ratos de Lonxedetodo, uns simpáticos ratiños e ratiñas que visitarán a biblioteca, nos achegarán aos libros e á música dunha forma atractiva e lúdica.
A actividade é executada pola compañía Trinke Trinke Teatro.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible