Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Obradoiro de comunicación: da radio ás redes sociais. Cambiamos a tecnoloxía ou a tecnoloxía cambiounos a nós?

Por tipo de actividade:

Talleres

Por tipo de público:

Persoas adultas, Xuvenil

A quen vai dirixido?:

Dirixido a mocidade e público adulto.

Cando:

08/02/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 01/02/2023 ata o 08/02/2023

Require inscrición

Horario:

De 18.30 a 20.00 horas

Duración:

1,5 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

Actividade enmarcada dentro do Ciclo Temático COMUNICA-DOS: a importancia da alfabetización mediática e informacional (AMI)

O mércores 8 de febreiro ás 18:30 h. temos na Biblioteca Fórum este obradoiro, dirixido á mocidade e público adulto, impartido por María Teresa Piñeiro Otero profesora titular de universidade na área de Comunicación audiovisual e publicidade da Universidade da Coruña e Laura Milagros Castro, Souto profesora titular de universidade na área de Ciencia da computación e intelixencia artificial.

Cada vez o mundo dixital gaña máis terreo no noso día a día, teléfonos móbiles e reloxos intelixentes, tabletas, portátiles, que nos acompañan a todas partes. Accedemos inmediatamente a un sinfín de información...pero é toda a información valiosa? sabemos distinguir atopar a agulla dentro da palleira? sabe o noso alumnado distinguir a información veraz da falsa? Aquí é cando entra en xogo o concepto de "educación mediática".

Sesión de convivencia entre nen@s e maiores nas que falaremos, debateremos e mostraremos o uso dos diferentes medios de comunicación empregados polas distintas xeracións de persoas, cun enfoque crítico e o obxectivo de ampliar horizontes tanto duns como de outras.

Cunha parte expositiva comezaremos polo principio: prensa, radio e televisión (características, usos e espazos). Falaremos por suposto da revolución de Internet e de como os medios de comunicación fixeron a procura do seu lugar nun mundo no que nos atopamos con infinidade de novos formatos e plataformas. 

Nunha segunda parte máis práctica e explorativa abordaremos o papel que deben xogar os usuarios para converterse en algo máis ca meros espectadores, daremos tips e boas prácticas sobre o papel das usuarias na selección e produción de contidos. Por suposto terán cabida tamén as redes sociais. Abordaremos dende o Facebook ao TikTok, as principais plataformas e usos e dos principais perigos e problemáticas á hora de informarnos nas redes.

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión