Talleres
Persoas adultas, Xuvenil
+16 anos
25/11/2020
Evento aprazado
Xa rematou
Dende o 20/11/2020 ata o 25/11/2020
Require inscrición
Cancelado
Das 19.00 ás 20.00 horas
1 h.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
EVENTO APRAZADO. Obradorio ONLINE "Planta cara ao acoso na rúa" na Biblioteca Fórum Metropolitano, impartido con motivo do 25N a cargo da Fundación Mulleres.
O 25 de Novembro é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
A violencia contra mulleres e nenas é unha das violacións dos dereitos humanos máis estendidas, persistentes e devastadoras do mundo actual sobre as que apenas se informa debido á impunidade da cal gozan os perpetradores, e o silencio, a estigmatización e a vergoña que sofren as vítimas.
A violencia contra a muller segue sendo un obstáculo para alcanzar igualdade, desenvolvemento, paz, do mesmo xeito que o respecto dos dereitos humanos de mulleres e nenas. O que é máis, a promesa dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de non deixar que ninguén quede atrás, non poderá cumprirse sen primeiro poñer fin á violencia contra mulleres e nenas.
Dentro do seu obxectivo e compromiso de contribuír a reforzar os colectivos máis vulnerables, para compensar os desequilibrios sociais a Biblioteca Fórum Metropolitano levará a cabo, con motivo do 25 N, a realización dun taller de prevención do acoso na rúa.
O obradoiro "Planta cara ao acoso na rúa" está enmarcado no Programa StandUp e será impartido a cargo da Fundación Mulleres. Daranse a coñecer un conxunto de ferramentas demostradas que axudan á xente para intervir de maneira segura cando son vítimas ou presencian situacións de acoso en espazos públicos. O obxectivo é formar á poboación para que o denuncien e así construír unha cultura na que o acoso de rúa sexa visto como un comportamento inaceptable.
A Biblioteca porase en contacto coas persoas inscritas para facilitarlles o acceso á plataforma para asistir ao obradoiro.
Actividades relacionadas
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible