Encontros e presentacións
Para público en xeral
09/09/2016
Xa rematou
19 horas
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
981184388
Simón Gallego, integrante do club de lectura para a xuventude #ElClú, presenta a súa primeira novela: "Bus para el otro barrio"
Nado no 2003 na Coruña e estudante do IES Salvador de Madariaga, Simón Gallego Galvis pertence ao #ElClú, onde afianzou as súas ganas de escribir.
É un violinista que adica os seus momentos libres á escritura. Con "Bus para el otro barrio" inicia a súa etapa como escritor.
Non podemos estar máis orgullosas por poder organizar unha presentación coma esta.
Queres saber ...
En que consisten os encontros e as presentacións?
Coñecer o teu escritor favorito, charlar con esa autora que acaba de presentar nova obra... Nos encontros e presentacións de libros poderás descubrir novos materiais nas nosas bibliotecas e preguntar todo aquilo que che interese directamente aos seus responsables.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible