Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Por mecánica

por mecánica

Un xogo pode ter máis de unha dinámica así que é probable que atopes o mesmo xogo dentro de varias das clasificacións.

Mecánicas dos xogos:

  • Narrativos: xogos onde se pode xogar a crear unha historia desde cero ou a partir dunha xa creada en función do uso de diferentes elementos.
  • De rol: as persoas participantes interpretan un personaxe de ficción e viven unha aventura nun mundo imaxinario. O curso das partidas está supervisado por un ou unha dos participantes do xogo que se designa como director/a de xogo (game master).
  • Roles ocultos: xogos de roles ocultos: cada xogador/a ten un rol ou personaxe diferente que non se revelará ao resto de participantes ao principio do xogo. Estes roles poden levar consigo unha condición de vitoria secreta ao final da partida ou incluso determinar as accións que faremos na nosa quenda. Esta mecánica non ten nada que ver cos xogos de rol.
  • Preguntas e respostas: nestes xogos póñense a proba os coñecementos das persoas participantes sobre diversos temas. Xóganse, xeralmente, por equipos.
  • Memoria: ocúltase información para que as persoas xogadoras exerciten a súa mente e poidan así rastrear a información para usala no seu beneficio. Por exemplo, recordar unha posición determinada ou un percorrido definido, entre outros.
  • Cooperativosxógase en equipo para alcanzar un reto ou un obxectivo de forma conxunta. 
  • Dedución e investigaciónrequiren que as persoas participantes, que non dispoñen de toda a información, cheguen a unha conclusión que lles acerque á resolución do enigma, para o que poderán empregar unha serie de pistas.
  • Construción de padrónstrátase de identificar, colocar ou reproducir unha serie de padróns concretos para obter puntos de vitoria. 
  • Habilidadexogos onde hai que colocar diferentes obxectos ou elementos nunha disposición determinada co obxectivo de conseguir algún padrón. Incentivan o desenvolvemento de destrezas motoras e cognitivas.
  • Eurogameschámanse así por ser orixinarios de Europa, con Alemaña como máximo expoñente. Adoitan estar relacionados cos xogos familiares.
  • Lóxicaxogos que nas súas mecánicas favorecen o razoamento e as habilidades cognitivas. Están recomendados para todas as idades. Requiren un nivel de concentración elevado.
  • Estratexiaxogos que requiren que os xogadores tomen decisións importantes e planifiquen ás súas accións con anticipación.

Combina no catálogo os termos "xogos de mesa" cos da dinámica que che interese.

Ven xogar á biblioteca

5 resultados

ver máis

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión