Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

15 resultados

  • 2 Páxinas
  • 1
  • 2
  • >
  • María Luísa Nache na lembranza

    Cando:

    25/11/2024

    Homenaxe á soprano coruñesa María Luisa Nache (A Coruña 1924-1985), na Casa da Cultura Salvador de Madariaga.

  • Ciclo de literatura "Somos o que lemos"

    Cando:

    27/11/2024

    O ciclo de literatura "Somos o que lemos" da Fundación Luis Seoane é unha proposta coa que se pretende achegar ao público algúns dos nomes máis destacados da actualidade literaria nacional a través dunha serie de presentacións nas que Javier Pintor, o coordinador do proxecto, charla con autores e convidados acerca dos seus traballos máis recentes. Este mes Antía Yáñez falará da súa novela "O clan das barbies".

  • Presentación da Guía Micolóxica da Provincia de Lugo

    Cando:

    29/11/2024

    O CEIDA organiza a presentación da Guía micolóxica básica da provincia de Lugo no Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga.

  • Charla: Que telescopio merco?

    Cando:

    23/11/2024

    Charla organizada pola Agrupación Astronómica Ío que terá lugar no planetario da Casa das Ciencias.

  • Centenario de Félix Rodríguez de la Fuente co comunicador e naturalista Benigno Varillas

    Cando:

    21/11/2024

    Nos actos de celebración do Centenario de Félix Rodríguez de la Fuente, o comunicador e naturalista Benigno Varillas visitará a biblioteca e centro de documentación ambiental do CEIDA para presentar o proxecto 'Magdalenia. Rewilding con bisontes e tarpanes para resilvestrar humanos' e presentar o libro 'Magdalenia I. Los últimos de la estirpe de los libres', dúas iniciativas concebidas a partir do célebre naturalista español.

  • Seminario informativo sobre Voluntariado Europeo

    Cando:

    21/11/2024

    A Fundación Paideia organiza un novo seminario informativo para explicar en que consiste o programa de Voluntariado Europeo, un proxecto enmarcado dentro do Corpo Europeo de Solidaridade. As persoas asistentes poderán ademais plantexar preguntas e aclarar dúbidas.

  • Conferencia "Sport vs. Bullying" en Afundación

    Cando:

    21/11/2024

    Afundación acolle, dentro do ciclo Educación S.XXI, a conferencia "Sport vs. Bullying" a cargo de Jero García, presidente da Fundación FAID de axuda á integración a través do deporte. Jero García, que viviu o acoso en primeira persoa, compartirá a súa experiencia nesta conferencia.

  • Xoves de Achegas na Nave03: Falarnos bonito. Comunicación non violenta

    Cando:

    28/11/2024

    Inscricións:

    Dende o 13/11/2024 ata o 26/11/2024

    A miúdo escoitamos termos como a responsabilidade emocional, a comunicación asertiva ou o bo trato. Sabemos realmente comunicarnos tendo en conta os nosos sentimentos e coidando das demais persoas? Esta actividade participativa afonda nas estratexias da Comunicación Non Violenta (CNV).

  • Ciclo de conferencias "Entre el amor y la muerte. Las pasiones en el arte"

    Cando:

    Dende o 07/11/2024 ata o 04/12/2024

    A Fundación Barrié organiza, en colaboración coa Fundación Amigos del Museo del Prado, un ciclo de conferencias para abordar o modo en que o amor, a morte, a alegría, o humor ou o desexo foron representadas na pintura e a escultura, pero tamén noutras disciplinas como a arquitectura e a música.

  • Axenda de actividades de MUNCYT A Coruña

    Cando:

    Dende o 02/11/2024 ata o 30/11/2024

    O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) presenta a axenda de actividades do mes de novembro de 2024, elaborada ao redor da colección do museo e en relación ás diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas. Así mesmo conta con espazos singulares nos que se realizan actividades divulgativas.

resultados 15

  • 2 Páxinas
  • 1
  • 2
  • >

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión