Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

17 resultados

  • 2 Páxinas
  • 1
  • 2
  • >
  • Body Talk. Blues de Medianoite

    Cando:

    23/11/2024

    "Body Talk" é un ciclo arredor da performance organizado pola Asociación Cultural Aïs. Cada sesión do ciclo comeza coa execución dunha performance a cargo dun/ha artista convidado/a, tras o que se establecerá un faladoiro. Nesta ocasión será a A.C. Alexandre Bóveda a que acollerá o espectáculo "Blues de Medianoite", a cargo de Alba Fernández, seguido dun faladoiro con Carmela Galego.

  • Bravú XXX

    Cando:

    22/11/2024

    O Teatro Colón será o escenario da celebración del treinta aniversario do Bravú, coa proxección do filme documental "Bravú XXX", producido por Nós Televisión e presentado e co-guionizado por Xurxo Souto, e co concerto da Orquestra Bravú Xangai con colaboracións musicais moi especiais.

  • Startup Programme “Fai da túa idea o teu futuro”

    Inscricións:

    Ata o 25/11/2024

    Apliación prazo de inscrición.

    Velaquí unha nova convocatoria de Emprendemento da Universidade da Coruña.

  • Espazo para a mocidade no Centro Cívico de Castrillón

    Cando:

    Dende o 02/11/2024, os sábados

    Proposta de lecer alternativo para os sábados destinada á mocidade con idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos no Centro Cívico de Castrillón.

  • Xogos de mesa nas Bibliotecas Municipais

    Cando:

    Dende o 11/11/2024

    Este novembro, coincidindo co #InternationalGamesMonth, a Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña inaugura unha nova colección de xogos de mesa e presenta o seu plan de xogos. Este novo plan ten como obxectivo ampliar a oferta para as persoas usuarias e atraer outras, especialmente mozos e mozas, e transformar a biblioteca nun espazo para xogar en comunidade, desenvolver habilidades e aprender cousas novas.

  • Xoves de Achegas na Nave03: Falarnos bonito. Comunicación non violenta

    Cando:

    28/11/2024

    Inscricións:

    Dende o 13/11/2024 ata o 26/11/2024

    A miúdo escoitamos termos como a responsabilidade emocional, a comunicación asertiva ou o bo trato. Sabemos realmente comunicarnos tendo en conta os nosos sentimentos e coidando das demais persoas? Esta actividade participativa afonda nas estratexias da Comunicación Non Violenta (CNV).

  • Espazo Diverso: programación novembro

    Cando:

    Dende o 13/11/2024 ata o 29/11/2024

    O Espazo Diverso, espazo municipal das diversidades sexuais e identidades de xénero, abre o prazo de inscrición para as actividades e obradoiros que oferta durante este mes de novembro.

  • Simposio Luísa Villalta

    Cando:

    Dende o 19/11/2024 ata o 21/11/2024

    A Real Academia Galega organiza na Fundación Barrié do 19 ao 21 de novembro o Simposio Luísa Villalta. A programación, dedicada á protagonista do Día das Letras Galegas 2024, incluirá relatorios e mesas redondas, ademais da actuación musical de Uxía e o espectáculo "Indóciles".

  • Nocturnia | edición outono 2024

    Cando:

    Dende o 15/11/2024 ata o 07/12/2024

    con diferentes prazos de inscrición para cada actividade

    Nocturnia é un programa de ocio saudable para a xuventude organizado polo Servizo de Mocidade da Concellaría de Benestar Social do Concello da Coruña, que recibe financiamento do Ministerio de Sanidade a través do PNSD. Ofrece unha serie de actividades gratuítas para que a xente moza, de 12 a 30 anos, as teñades en conta á hora de planificardes as vosas fins de semana.

  • Actividades de novembro no Espazo Xuvenil O Remanso

    Cando:

    Dende o 08/11/2024 ata o 27/11/2024

    O Espazo Xuvenil O Remanso organiza unha serie de actividades durante o mes de novembro. As actividades son todas de balde, para rapaces e rapazas de 12 a 30 anos, ambos cumpridos.

resultados 17

  • 2 Páxinas
  • 1
  • 2
  • >

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión