Entrada gratuíta
A casa consta de varias plantas e nela pódense albergar desde exposicións ata cursos.
Instalación museográfica para a promoción de iniciativas en recordo de Santiago Casares Quiroga e o republicanismo coruñés e galego.
Foi en 2001 cando o Concello adquiriu o número 12 da rúa Panadeiras, a vivenda na que residiu Santiago Casares Quiroga, presidente do Goberno da II República, e naceu a súa filla, a actriz María Casares. Tivo que pasar máis dun lustro, con múltiples atrasos na finalización dos traballos de rehabilitación e musealización, para que se reinaugurase como casa museo o 14 abril de 2007. O proxecto foi tomando forma ao longo de 2002 e en 2003, ano electoral, converteuse nunha das promesas para a lexislatura, como futuro museo da República e da historia da cidade a finais do XIX e do XX.
Acceso: entrada gratuíta
Exposicións permanentes:
Data de inauguración: 14 abril de 2007
Documentos relacionados
Os días 21/02/2025 ás 08:30 , 07/03/2025 ás 08:30 , 14/03/2025
Dende o 27/01/2025 ata o 31/01/2025
Dende o 31/03/2024 ata o 31/03/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible