Visita o álbum de fotos desta actividade
Programas de colaboración con centros escolares
Require inscrición
De outubro a maio. Consulta o calendario
En que consisten os Libros viventes?
Libros viventes é unha iniciativa da Biblioteca Ágora pensada para lle dar a coñecer ao alumnado dos centros de secundaria da contorna as historias de vida de veciños e veciñas seus, a partir das que podemos reforzar o traballo en valores e o desenvolvemento persoal de mozos e mozas dentro e fóra das aulas.
O procedemento de traballo é simple. Facemos unha selección previa de diferentes persoas da Coruña, gravamos as súas historias de vida e dámoslle forma de relato a parte desa historia e trasladámoslles os resultados aos alumnos e alumnas dos IES participantes.
Son eles/elas quen escollen individualmente cal das historias queren coñecer, cal Libro vivente queren descubrir, para o que nunha data determinada facilitamos o encontro entre as persoas protagonistas de cada relato e os/as mozas que os leron.
Deste xeito, os Libros viventes preséntanse como un método innovador para promover o diálogo, reducir os prexuízos, fomentar o entendemento entre as persoas e promover o intercambio de historias que, noutras circunstancias, non se podería compartir.
As principais características do proxecto son a súa simplicidade e enfoque positivo.
Obxectivos
Traballar a autoestima e a cohesión social dende a valorización do propio, da propia contorna diaria e da súa xente.
Romper estereotipos, desafiando dalgunha maneira os prexuízos máis comúns dun modo positivo e desenfadado.
Promover a tolerancia e a comprensión dunha forma concreta, sinxela e alcanzable.
Crear unha oportunidade para manter un diálogo entre persoas con visións e realidades diferentes da sociedade e así intercambiar opinións e aprender dos demais.
Cando?
Realízanse dúas edicións, durante o curso escolar: en febreiro e en maio. En cada unha delas trabállanse tres libros viventes diferentes.
Como participar?
Libros Viventes desenvolveuse ata o momento en colaboración co IES Agra do Orzán, pero é unha proposta aberta á súa realización con calquera centro de ensino da Coruña e mesmo doutros concellos.
Para valorar a posibilidade da súa realización con novos centros educativos simplemente hai que poñerse en contacto coa Biblioteca Municipal Ágora .
Onde?
Actividades para centros escolares
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible