Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Visita de 4º de Educación Primaria: Mensaxes en botellas

Tipo de actividade:

Visitas guiadas

A quen vai dirixido?:

Infantil / centros escolares

Require inscrición

De outubro a maio

En que consiste esta visita?

Ás praias da cidade están a chegar unha gran cantidade de botellas cargadas con mensaxes das costas de Canadá. As botellas enviadas ás bibliotecas polos servizos de limpeza das praias conteñen mensaxes dirixidas a nenas e nenos de 9 a 11 anos, nas que nenos e nenas desas mesmas idades do outro lado do Atlántico fan moitas preguntas e expoñen un interesante experimento coas mareas. Para poñer en contacto a nenos e nenas da cidade cos nenos e nenas canadenses e resolver as cuestións que expoñen, as bibliotecas envían aos centros escolares unha carta e unha copia da noticia de prensa, na que solicitan a súa colaboración.

Obxectivos da visita

Nestas visitas o alumnado e o profesorado, a través dunha proposta participativa, descubrirán que a información se pode presentar en distintos soportes e que é posible atopar aquilo que buscan empregando os recursos que ofrecen as bibliotecas

  • Iniciarse na consulta do catálogo e saber interpretar a información contida nel.
  • Aprender a localizar documentos na biblioteca.
  • Presentar unha selección de títulos en diferentes formatos e destacar algúns temas, autores...

Lugar de realización

Biblioteca Ágora

Biblioteca Castrillón

Biblioteca Fórum Metropolitano

Biblioteca Infantil e Xuvenil

Biblioteca Monte Alto

Biblioteca Os Rosales

Biblioteca Sagrada Familia

Inscricións e información

A oferta anual destas visitas realízase a través do programa Coruña Educa que xestiona o Servizo Municipal de Educación. Cada mes de setembro publícase a convocatoria e ábrese o prazo para que os centros poidan realizar as solicitudes para o curso escolar vixente.

Sigue buscando actividades similares...

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión