Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Visitas á carta

Tipo de actividade:

Visitas guiadas para grupos

A quen vai dirixido?:

Centros escolares (Educación infantil, primaria, secundaria e bacharelato), escolas infantís, centros de formación profesional, universidades ou calquera outro tipo de entidade (asociacións, entidades de atención social, campamentos de verán etc.)

¿Que son?

Son visitas ás bibliotecas para grupos, nas que os contidos se poden programar en función das necesidades do colectivo que demanda a visita. Os contidos solicitados deberán estar relacionados con algún dos seguintes obxectivos:

  • Fomentar o hábito lector.
  • Coñecer e saber utilizar os servizos e recursos das bibliotecas, ben con carácter xeral ou especificamente un recurso ou servizo.
  • Apoiar o desenvolvemento dun proxecto da entidade. No caso de centros de ensino, un proxecto escolar, un proxecto documental...
  • Conmemorar unha efeméride.
  • Prestar apoio para a adquisición e aplicación de capacidades que permitan avaliar e utilizar a información, independentemente do seu soporte e formato.

Como e cando podo solicitala?

  • O calendario para as solicitudes está aberto durante todo o ano.
  • A petición deberá facerse cun mínimo de 15 días de antelación á data na que se desexa realizar a visita. A asignación da data definitiva está suxeita á dispoñibilidade de cada biblioteca e ás características da solicitude.
  • Unha vez recibida a petición de visita, despois da súa valoración e no prazo máximo de cinco días hábiles, a biblioteca poñerase en contacto coa persoa solicitante para proporcionar unha resposta.
  • No caso dos centros educativos de educación infantil, primaria, secundaria e bacharelato, primará a asignación das visitas solicitadas á súa biblioteca de referencia (podes consultar nesta ligazón a relación de centros e bibliotecas: Bibliotecas de referencia para os centros escolares ).
  • Para o resto de entidades primará tamén o criterio de proximidade da biblioteca. Valoraranse outras asignacións no caso de que os contidos solicitados así o xustifiquen.

Quero solicitar unha visita guiada á carta: Formulario de solicitudes

IMPORTANTE: no caso dos centros escolares para os que se oferten programas permanentes, adxudicaranse visitas á carta sempre que a especificidade dos contidos solicitados non poida ser atendida a través do programa xeral de .. Visitas escolares

Sigue buscando actividades similares...

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión