Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Bibliotecas Municipais

coruna.gal

Visita de 5º de educación infantil: a ovella Tecelá

Tipo de actividade:

Visitas guiadas

A quen vai dirixido?:

Infantil / centros escolares

Require inscrición

De outubro a maio

En que consiste esta visita?

Os nenos e as nenas reciben na escola, por correo urxente, un paquete e unha postal. A remitente: a ovella Tecelá. Na postal unha petición de axuda urxente e no paquete un anaco de la natural. O reto: axudarlle á ovella Tecelá a descubrir por que a queren rapar e para que queren a súa la.

Obxectivos da visita

  • Diferenciar os libros informativos dos de ficción
  • Descubrir que a biblioteca ten respostas a moitas preguntas
  • Coñecer o requisito para levar documentos en préstamo: ter un carné de socio/a
  • Destacar o papel da bibliotecaria como mediadora de referencia dentro da biblioteca.

Lugar de realización

Inscricións e información

A oferta anual destas visitas realízase a través do programa Coruña Educa que xestiona o Servizo Municipal de Educación. Cada mes de setembro publícase a convocatoria e ábrese o prazo para que os centros poidan realizar as solicitudes para o curso escolar vixente.

Sigue buscando actividades similares...

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible