Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Ando na Coruña: A Coruña das mansións do século XVIII: función e representación

Por tipo de actividade:

Charlas e debates

Por tipo de público:

Persoas adultas

Cando:

Os días 09/10/2024 ás 18:00 , 16/10/2024 ás 18:00 , 23/10/2024 ás 18:00

Atención: novas datas!

Inscricións:

Dende o 02/10/2024 ata o 09/10/2024

Require inscrición previa

Enderezo:

Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña

Requisitos:

Inscrición previa

As persoas inscritas comprométense a asistir ás 3 sesións que a compoñen. O feito de non asistir a unha das sesións, sen comunicalo previamente, fará que cause baixa para o resto das sesións e que a súa praza sexa ocupada pola seguinte persoa da listaxe de espera. 

O número de participantes variará dependendo dos requisitos e necesidades de cada actividade en concreto.

Contacto:

Teléf.: 981 184 386

Biblioteca Estudos Locais

Organiza:

Biblioteca de Estudos Locais

A Coruña das mansións do século XVIII: función e representación é a terceira actividade dentro do Programa Ando na Coruña do ano 2024. Alfredo Vigo Trasancos é un recoñecido especialista en temas de arquitectura e urbanismo, especialmente do século XVIII e particularmente do Barroco e a Ilustración. Da súa man, coñeceremos algunhas das construcións residenciais que se edificaron na Coruña no século XVIII e que lle deron á cidade unha imaxe absolutamente innovadora.

Primeira sesión: introdución e presentación  (9 de outubro)

Nesta primeira sesión entrégaselles ás persoas participantes un completo dosier con bibliografía e textos seleccionados.

Alfredo Vigo Trasancos realizará unha presentación e contextualización do marco histórico da Coruña no século XVIII, mediante unha conferencia apoiada dunha presentación en Power Point.

A continuación, empezará co estudo individual de cada casa. Os edificios que se van analizar serán:

  • Casa de Zuazo Mondragón (marqués de Almeiras)
  • Casa Cornide
  • Casas de Paredes
  • Antiga Aduana (actual subdelegación do Goberno)
  • Casa de José Ramos (posteriormente Real Consulado Marítimo)
  • Capitanía

Segunda sesión: continuidade (16 de outubro)

Nesta sesión remátase a exposición sobre as mansións e dedícase o resto do tempo para que as persoas participantes poidan intervir, unha vez lidos os textos do dosier, e expoñer as súas dúbidas e observacións.

Terceira sesión: visita guiada (23 de outubro)

A derradeira sesión consistirá nunha visita guiada aos edificios estudados anteriormente, unicamente  polo exterior destes: Casa de Zuazo Mondragón (marqués de Almeiras), Casa Cornide, Casas de Paredes, Antiga Aduana (actual Subdelegación do Goberno), Casa de José Ramos (posteriormente Real Consulado Marítimo) e Capitanía.

Queres saber ...

  • Ando na Coruña

    En que consiste Ando na Coruña?

    ANDO NA CORUÑA é un programa que ten como obxectivo a divulgación de temas relacionados coa Coruña, calquera que sexa a súa especialidade, e a dos fondos que a Biblioteca de Estudos Locais teña sobre a dita temática.

    Persegue, ademais, dar a coñecer a BMEL como biblioteca especializada na cidade.

    O programa estará integrado, anualmente, por 3 actividades nas que se tratarán diferentes propostas relacionadas coa cidade. A temática incluirá calquera aspecto relacionado coa Coruña: arquitectura, personalidades, costumes...

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión