Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Ando na Coruña: As mulleres da auga

Por tipo de actividade:

Charlas e debates, Visitas guiadas

Por tipo de público:

Persoas adultas

A quen vai dirixido?:

 + 19 años

Cando:

Os días 26/04/2023 ás 18:00 , 24/05/2023 ás 18:00 , 28/06/2023 ás 18:00

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 19/04/2023 ata o 26/04/2023

Require inscrición previa. 

Horario:

26 de abril: 18:00 a 19:00 horas

24 de maio: 18:00 a 19:00 horas

28 de xuño: 18:00 a 20:30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña

Hashtag:

##AndoNaCoruña #ACoruñaAsMulleresDaAuga

Contacto:

Ciclo dividido en tres sesións, as dúas primeiras en forma de charla e a terceira en forma de roteiro.

1ª sesión: Posta en valor dos oficios de "aguadoras" e lavandeiras. Traballos tradicionalmente feminizados e invisibles que foron fundamentais para o desenvolvemento da sociedade.

2ª sesión: A través dos textos que proporcionaremos aos participantes da actividade afondaremos en aqueles aspectos máis destacados, relacionados coa dureza do traballo, das normas e a sororidade destas mulleres.

3ª sesión: Visita guiada a espazos relacionados cos oficios da auga doce ("augadoras" e lavandeiras). Iniciamos o roteiro na Praza de Pontevedra (antigo lavadoiro do Caramanchón) continuamos polas fontes de pescaría como vestixio doutras épocas para rematar na Praza de Azcárraga e no lavadoiro do Parrote.

Queres saber ...

  • Ando na Coruña

    En que consiste Ando na Coruña?

    ANDO NA CORUÑA é un programa que ten como obxectivo a divulgación de temas relacionados coa Coruña, calquera que sexa a súa especialidade, e a dos fondos que a Biblioteca de Estudos Locais teña sobre a dita temática.

    Persegue, ademais, dar a coñecer a BMEL como biblioteca especializada na cidade.

    O programa estará integrado, anualmente, por 3 actividades nas que se tratarán diferentes propostas relacionadas coa cidade. A temática incluirá calquera aspecto relacionado coa Coruña: arquitectura, personalidades, costumes...

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión