18/02/2025
Xa rematou
Acceso libre até completar a capacidade
Das 19.00 ás 20.30 h
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
981 184 298
Actividade enmarcada dentro do ciclo temático "Por un rural vivo"
Charla: Un rural próspero en todos os sentidos: a experiencia do proxecto "Nosa Granxiña"
Sandra Martínez Feijóo (Proxecto: Nosa Granxiña)
Martes 18 de febreiro ás 19.00 h
Acceso libre até completar a capacidade
Tras sufrir e observar de primeira man unha das problemáticas máis devastadoras que ameazan o noso rural, a explotación madeireira do eucalipto, Sandra e a súa familia deciden mercar case 5 hectáreas de plantación de eucalipto para reconvertelo en bosque autóctono de forma natural, con intervención animal, co obxectivo de recuperar o noso ecosistema e devolverlles aos nosos montes a vida que lles falta, e ese é o comezo de "Nosa Granxiña".
"Nosa Granxiña" é un proxecto de vida onde non só ensinamos que o rural galego ten cabida para a mocidade, futuro e prosperidade, senón que, grazas ao poder das redes sociais estamos a crear un espello de aprendizaxe accesible para todo o mundo, recompilando toda esa sabedoría popular das persoas maiores da nosa contorna para que perviva, para que non se perdan e para que grazas a ela poidamos seguir coidando a nosa terra, aprendendo dela e garantíndolle un futuro próspero.
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible