Talleres
Infantil
De 8 a 12 anos
22/04/2023
Xa rematou
Dende o 15/04/2023 ata o 22/04/2023
Require inscrición
de 11:00 a 12.30 horas
Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña
981184392
Baixo o lema "Un libro ao teu carón: festa do libro 2023", as bibliotecas municipais organizan un completo calendario para celebrar o Día do Libro, a semana previa ao 23 de abril, permitindo participar á veciñanza dos barrios en roteiros, obradoiros ou conversas con persoas que teñen moito que dicir dos libros.
O sábado 22/04/2023 ás 11:00 da mañá, teremos na Biblioteca Municipal Sagrada Familia un obradoiro para rapazada de 8 a 12 anos. Co título "Contos, cubismo e artistas do vangardismo" a mocidade poderá crear con técnicas coma o debuxo sobre acetato, collage ou pintura facial. Gozarán a través dos libros de obras de artistas como Picasso, Laxeiro, Seoane ou Maside.
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible