Visitas guiadas
Infantil / centros escolares
Require inscrición
De outubro a maio
En que consiste esta visita?
Os nenos e as nenas reciben na escola, por correo urxente, un paquete e unha postal. A remitente: a ovella Tecelá. Na postal unha petición de axuda urxente e no paquete un anaco de la natural. O reto: axudarlle á ovella Tecelá a descubrir por que a queren rapar e para que queren a súa la.
Obxectivos da visita
Lugar de realización
Biblioteca Fórum Metropolitano
Inscricións e información
A oferta anual destas visitas realízase a través do programa Coruña Educa que xestiona o Servizo Municipal de Educación. Cada mes de setembro publícase a convocatoria e ábrese o prazo para que os centros poidan realizar as solicitudes para o curso escolar vixente.
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible