Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Visita de 6º de Educación Primaria: En busca dos mundos perdidos

Tipo de actividade:

Visitas guiadas

A quen vai dirixido?:

Infantil / centros escolares

Require inscrición

De outubro a maio

En que consiste esta actividade?

Para convertérense en mozos/as investigadores/as e obter o seu flamante título, os nenos e as nenas participantes deberán demostrar as súas habilidades de procura de información e resolver as probas e enigmas que se lles expoñerán o día da visita. O tema, os dinosauros e as claves, o material do que dispoñerán para prepararse con antelación na aula.

Obxectivos da visita

O obxectivo xeral é que o alumnado alcance maior autonomía nas técnicas de procura e uso da información; posto que se encontran na antesala da educación secundaria e incrementarase a necesidade de dominar estas habilidades

  • Comprender e utilizar o sistema de clasificación e organización da colección: a CDU (Clasificación Decimal Universal).
  • Recoñecer as diferentes fontes de información e adestrarse na súa correcta utilización: dicionarios, enciclopedias, atlas, monografías ...
  • Identificar e saber utilizar as partes do documento que conteñen información complementaria: sumarios e índices, glosarios, cronoloxías, notas, bibliografías ...
  • Coñecer os sistemas de organización gráfica da información:esquemas, gráficos, recuadros, notas no pé.

Lugar de realización

Biblioteca Ágora

Biblioteca Castrillón

Biblioteca Fórum Metropolitano

Biblioteca Infantil e Xuvenil

Biblioteca Monte Alto

Biblioteca Os Rosales

Biblioteca Sagrada Familia

Inscricións e información

A oferta anual destas visitas realízase a través do programa Coruña Educa que xestiona o Servizo Municipal de Educación. Cada mes de setembro publícase a convocatoria e ábrese o prazo para que os centros poidan realizar as solicitudes para o curso escolar vixente.

Sigue buscando actividades similares...

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión