Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Lucia Garea Costa

Lucía Garea

Lucía Garea, voluntaria en "Lecturas de ti a ti"

Lecturas de ti a ti é unha actividade desenvolvida dende a Biblioteca Ágora que consiste na lectura en voz alta dunha persoa voluntaria, dun texto de maneira individual, de ti a ti. Ao finalizar as lecturas, a persoa voluntaria fomentará a participación e o intercambio de impresións, tentando promover as relacións persoais e o diálogo; procurando ofrecer un tempo de atención personalizada.

Imos coñecer a Lucía Garea Costa, bibliotecaria

En que programa colaboras?

Actualmente colaboro no programa de voluntariado "Lecturas de ti a ti" no Centro de día Novoboandanza. Durante as nosas sesións, realizamos pequenas lecturas onde compartimos, non só o interese e a curiosidade polos libros, senón, tamén, vivencias e impresións que dan lugar ao diálogo. Trátase dun momento moi persoal e especial no que pouco a pouco, sesión tras sesión, vaise creando un vínculo fantástico entre a persoa ointe e a persoa lectora.

Por que te fixeches voluntaria/o?

Considero que todos e todas temos moito que aportar á sociedade. No meu caso, levaba moitos anos como voluntaria no ámbito da infancia e sentía a necesidade de coñecer outros proxectos diferentes.

Participaches o participas en accións similares?

Non

Que che achega a túa actividade como voluntaria nas Bibliotecas Municipais?

Apórtame moito mais do que eu podo dar. Aprendo, crezo, maduro... Encántame pasar esos momentos de lectura con eles. É moi gratificante.


 

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión