Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Obxectivos xerais e específicos do proxecto Achega

ODS

Con Achega contribuímos á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) da Axenda 2030.

As bibliotecas temos a misión de contribuír a reducir a desigualdade proporcionando espazos cívicos seguros e abertos a todas as persoas. Sendo así un medio de apoio para os grupos en risco de vulnerabilidade que teñen dificultades para acceder á información, ao coñecemento e á asistencia en todos os lugares.

Xerais

  • Dar a coñecer a Biblioteca como lugar de integración social.
  • Integrar os distintos colectivos na sociedade como persoas con deberes e dereitos básicos recoñecidos e garantidos por determinados servizos públicos.
  • Dar acceso á información como un dereito fundamental para a integración social, cultural e económica de todas as persoas.
  • Contribuir á mellora da igualdade de oportunidades das persoas máis vulnerables.
  • Converter a biblioteca nun espazo seguro máis da súa vida.

Específicos

  • Informar e concienciar á cidadanía en xeral sobre a realidade social próxima, a situación das persoas con Diversidade Funcional e as posibilidades dunha convivencia e interrelación activa. 
  • Xerar actitudes e comportamentos prosociais en favor da inclusión social das persoas con diversidade funcional a través de normalizar a súa participación e inclusión na programación da biblioteca.
  • Crear axentes activos de cambio social a través da participación conxunta en actividades e talleres sobre diferentes temáticas. (Posibilidade de participar conxuntamente coas persoas participantes nunha fase posterior á fase piloto).
  • Sensibilizar á poboación en xeral das posibilidades e capacidades de todas as persoas, e a necesidade de proporcionar as mesmas oportunidades dándolle visibilidade a todas as persoas: con e sen afectación.
  • Ofrecer un programa de actividades específico e adaptado ás capacidades e necesidades das persoas con diversidade funcional.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión