Aula 2 da Biblioteca Ágora
Aulas para actividades e traballos en grupo (só Biblioteca Ágora)
Porque tentamos satisfacer as túas necesidades, poñemos á túa disposición aulas que podes reservar para os teus traballos en grupo
A Biblioteca Municipal Ágora conta con 4 aulas que se prestan a grupos de entre 3 e 15 persoas:
Podes solicitar calquera delas de varias maneiras: presencialmente na biblioteca, por teléfono ou a través do formulario. En todos os casos, a biblioteca debe confirmarche a súa dispoñibilidade antes de que poidas usala.
Non é conveniente que fagas a túa solicitude no mesmo día en que queres utilizar a aula: ten en conta que se coincide con algunha actividade programada pola biblioteca, esta sempre prevalecerá sobre as demandas dos usuarios e usuarias.
Aulas de informática (varias bibliotecas)
Nas bibliotecas municipais: Ágora, Castrillón, Forum Metropolitano, Monte Alto, Os Rosales e Sagrada Familia dispoñemos de aulas de informática nas que realizamos os cursos de informática e tecnoloxía (ver Formación en competencias dixitais ). Ademais, se representas a unha asociación, ONG,... e necesitas un espazo para levar a cabo unha acción formativa, non dubides en pedírnola!
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible