Marta e Bruno, bibliotecarios na biblioteca Os Rosales
O servizo de préstamo de materiais abarca dende libros, revistas, películas, música, xogos de mesa... que podes levar durante un tempo para a túa casa, ata ordenadores, libros electrónicos, consolas ou mesmo espazos acondicionados para reunións ou traballos en grupo.
É gratis e só necesitas o carné de bibliotecas ou activar a túa Tarxeta Millennium.
Consulta as condicións particulares de préstamo de cada tipo de material, e sácalle brillo ao teu carné!
Préstamo de materiais para a túa casa
Gústache ler, ver películas, escoitar música ou gozar de xogos de mesa? Nas nosas bibliotecas podes levar todo isto para a casa de maneira sinxela.
Podes levares en préstamo para a túa casa ata 10 materiais: revistas, libros e audiovisuais durante 30 días e un xogo de mesa durante 7 días.
Se o que queres é ler en soporte dixital, accede á plataforma de préstamo de libros electrónicos e descarga o que queiras ou, sinxelamente, le na nube.
Ademais disto tes que saber que:
Préstamo de dispositivos electrónicos
Ademais de materiais físicos, ofrecémosche unha variedade de dispositivos tecnolóxicos que podes levar en préstamo.
Que necesitas saber?
Préstamo de salas e espazos
Buscas un lugar para reunirte, traballar en grupo ou preparar un proxecto? Dispoñemos de salas e espazos acondicionados para as túas necesidades:
Como reservar?
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible