Libros e revistas
Dispoñemos de máis de 200.000 exemplares para que poidas levar para a casa en préstamo. Se estás a buscar libros ou revistas, tes moito onde elixir!
Dende novelas contemporáneas ata ensaios especializados, pasando polas revistas máis actuais, atoparás opcións para todos os gustos e necesidades.
Que materiais están dispoñibles?
Non están dispoñibles para levar en préstamo (pero si se prestan en sala): xornais, o último número das revistas, enciclopedias e dicionarios e exemplares raros ou difíciles de conseguir.
Podes levar en préstamo ata 10 exemplares durante 30 días (combinando libros, revistas, audiovisuais), e no caso dos libros poderás renovar o préstamo por 10 días máis, salvo que outra persoa o reservase.
É gratis e só necesitas o carné das bibliotecas ou activar a túa Tarxeta Millennium.
Precuentes frecuentes sobre o préstamo de libros e revistas
Quero un material que está prestado a outra persoa
Se o material que buscas está prestado, podes reservalo. As persoas socias poden facer ata 2 reservas e recibirás unha notificación cando o material estea dispoñible, tanto por teléfono como por correo electrónico. Tes 3 días para recollelo (ou 7 días se é para unha entidade) despois de recibir o aviso.
Quero un material que está noutra biblioteca municipal
Se o material que buscas está noutra biblioteca municipal, podemos enviarcho á que prefiras, excepto os fondos do punto de préstamo de Mesoiro que deben ser prestados exclusivamente na biblioteca de orixe. Avisarémoste cando chegue e terás 3 días para recollelo.
Como podo devolver os materiais?
Podes devolver os materiais en calquera biblioteca da Rede, e non é necesario que presentes o carné. Ademais, podes facelo na caixa de correos de devolución se a biblioteca está pechada. Algunhas bibliotecas (Castrillón, Fórum, Rosales, Monte Alto, Mesoiro) teñen unha caixa de correos exterior dispoñible as 24 horas.
Se non devolves os materiais dentro do prazo, suspenderase o teu dereito a préstamo temporalmente, un día por cada material e cada día de atraso.
Perdín un libro que tiña prestado
Lembra
Para saber se temos o que buscas consulta o catálogo
Se queres saber se nas bibliotecas está ese libro que che interesa, que obras hai dunha autora determinada ou os materiais dispoñibles sobre un tema do teu interese podes consultar o catálogo. Poderás saber en que biblioteca está o que buscas, se está prestado e cando o devolven.
Se non temos o que necesitas
Se non atopas na biblioteca algún libro material que che interese, podes suxerirnos que o merquemos. Podes facelo a través da web cubrindo un formulario de solicitude de compra que tamén está dispoñible en todas as bibliotecas.
Debes ter en conta que para facer esta suxestión de compra terás que ser socio/a da biblioteca. Comprometémonos a responderche a túa solicitude no prazo máximo dun mes. Poderás facer un máximo de dúas peticións de compra por trimestre.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible