Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Son persoa voluntaria

IMPORTANTE: nestes momentos, e ata novo aviso, non está operativa a inscrición de novas persoas voluntarias.

O Servizo de Voluntariado das Bibliotecas Municipais da Coruña é un conxunto de actividades de interese xeral e carácter solidario desenvolto por persoas de forma libre e sen contraprestación económica.

O noso programa de voluntariado ten por obxectivo canalizar e concretar o espírito solidario da cidadanía dando forma a accións específicas no campo de actuación das bibliotecas públicas: promoción do acceso á cultura e á educación, integración cultural de todas as persoas ou a participación na vida cultural da comunidade.

Como me fago persoa voluntaria?

É moi sinxelo: só tes que inscribirte nun formulario e canto antes concertaremos unha entrevista para coñecer os teus intereses, experiencia e dispoñibilidade. Deste xeito poderemos axustar as túas inquedanzas a algún dos proxectos que se veñen desenvolvendo nas bibliotecas nos que poderías colaborar.

Onde atopo o formulario para inscribirme?

Podes acceder ao formulario premendo na seguinte ligazón e elixindo a opción "Faite voluntario":

Requisitos

  • A persoa voluntaria deber ser maior de 12 anos. Entre esta idade e os 18 anos deben contar co consentimento do pai, nai o titor legal.
  • No caso de que nas tarefas para desenvolver estean en contacto con menores, deberase achegar unha certificación negativa do Rexistro Central de Penados para delitos de natureza sexual.
  • Declaración responsable das persoas voluntarias de non ter antecedentes penais por delitos de violencia doméstica ou de xénero, por atentar contra a vida, a integridade física, a liberdade, a integridade moral ou a liberdade e identidade sexual do outro cónxuxe ou dos fillos, ou por delitos de tráficos ilegais ou inmigración clandestina de persoas ou por delitos de terrorismo.

Programas de voluntariado

A hora de lectura

Lectura en voz alta a grupos que asisten ou residen nos centros de día e en fogares de acollida.

Consiste na lectura en voz alta dun texto a un grupo de asistentes por parte dunha persoa voluntaria.

A lectura pódese acompañar con música para conseguir unhas sesións máis dinámicas.

Ao finalizar as sesións a persoa voluntaria fomentará a participación e o intercambio de impresións.

Club de lectura en voz alta

É unha liña de traballo de formación non regrada baseada na lectura en voz alta de libros a grupos de persoas cunha escolarización deficiente ou que tiveron que abandonar os estudos a unha idade moi temperá.

Ten como finalidade mellorar as competencias de lectura, escritura, comprensión, coñecementos básicos e cultura xeral das persoas que asisten ás sesións.

Préstamo a domicilio É un programa que facilita que as persoas socias poden solicitar e recibir na súa casa os materiais bibliográficos dispoñibles nas colección das bibliotecas. As persoas voluntarias son as encargadas de levar e traer os materiais.
Lecturas de ti a ti Programa baseado na lectura en voz alta a persoas que asisten ou residen nos centros de día e nos fogares de acollida e outros colectivos. Consiste na lectura en voz alta dunha persoa voluntaria, dun texto de maneira individual, de ti a ti. Ao finalizar as lecturas, a persoa voluntaria fomentará a participación e o intercambio de impresións, tentando promover as relacións persoais e o diálogo; procurando ofrecer un tempo de atención personalizada.
Alfabetización de adultos

O programa está centrado na formación básica informal para persoas maiores que por determinadas circunstancias na súa infancia e/ou mocidade non tiveron acceso ao ensino regrado ou o tiveron moi limitado.

ASPRONAGA

Na Biblioteca Ágora contamos coa colaboración dunha persoa de ASPRONAGA que intervén nas tarefas relacionadas co proceso físico dos documentos e nas actividades infantís.

Coñece as persoas voluntarias

Na sección Retratos comprometidos: o voluntariado, darás voz e rostro aos voluntarios que colaboran coas Bibliotecas Municipais. A través das súas palabras descubrirás o traballo que comparten connosco e que fai maior a dimensión social e emocional das bibliotecas.

O voluntariado nas Bibliotecas Municipais

Con motivo do Día Internacional do Voluntariado 2024, que se celebra cada 5 de decembro por iniciativa da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, elaboramos un vídeo para agradecer e recoñecer o poder da acción colectiva.

Descubre ás persoas voluntarias que colaboran connosco e ás participantes de todos os programas que impulsa a biblioteca para mellorar o acceso á lectura e á información.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión