Literatura
19 resultados
Ata o 19/08/2024
O Concello de Laxe, a través da área de Comercio, Hostalaría, Turismo e Cultura, convoca a decimoitava edición do certame de poesía Antón Zapata García co obxectivo de promover a creación literaria e de achegar a figura deste poeta laxense.
Ata o 23/09/2024
O Concello de Dodro convoca oa XXXVII edición do certame Eusebio Lorenzo Baleirón coa finalidade de honrar a memoria do ilustre poeta dodrense e contribuír á promoción da poesía galega.
Ata o 01/10/2024
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2024 en Cantabria, o Centro Galego de Santander convoca o XXIII Concurso literario Julio Camba de relato curto.
Ata o 31/07/2024
La Voz de Galicia, S.A. convoca a 25.ª Edición dos premios Relatos de Verán que se publicarán durante o mes de agosto do 2024.
Ata o 31/07/2024
A Fundación Repsol, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, no desexo de contribuír ao desenvolvemento da literatura galega, convoca a décimo oitava edición do Premio de Narrativa Breve Repsol.
Ata o 08/08/2024
Con motivo do 150 Aniversario da súa creación, a Intervención Xeral da Administración do Estado (IGAE), convoca tres premios dirixidos a recoñecer e destacar o labor creativo que poña de manifesto os valores que representa a institución, así como de investigación nos ámbitos relacionados coas súas funcións.
Ata o 30/09/2024
ata as 12.00 h.
A ONCE convoca a trixésima oitava edición dos Premios TIFLOS: 38 Premio de Poesía, 35 Premio de Conto, 27 Premio de Novela e 27 Premio de Xornalismo. Un certame co que a Organización promociona anualmente a creación literaria en lingua castelá e impulsa a escritura entre as persoas cegas ou con discapacidade visual grave de calquera país.
ata o 10/09/2024
O Concello de Santiago de Compostela convoca o Premio SELIC de creación literaria para obras escritas en galego nos xéneros de narrativa, poesía, teatro e ensaio.
ata o 15/10/2024
A Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá convoca o XXXVIII Certame Internacional de Poesía en lingua galega Rosalía de Castro.
Ata o 13/10/2024
A Asociación Cultural de Pino, en colaboración con Culturalia GZ e Caldaloba.es, convoca a cuarta edición do certame de Caligramas "Constanza de Castro".
resultados 19
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible