Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Bibliotecas Municipais

coruna.gal

Formación en competencias dixitais

Tipo de actividade:

Cursos e formación

A quen vai dirixido?:

Xuvenil, persoas adultas

Require inscrición

De xaneiro a decembro

Programa de formación en competencias dixitais para un uso creativo, crítico e seguro das tecnoloxías dixitais que permita alcanzar obxectivos relacionados co traballo, a empregabilidade, a aprendizaxe, o uso do tempo libre, a inclusión e a participación na sociedade.

Cursos dispoñibles

  • Habilidades PC
    • curso básico de ordenador
    • Internet no ordenador
  • Habilidades móbil
    • curso básico de móbil
    • Internet no móbil
  • Redes sociais
    • APP Coruña
    • Google maps
    • Tiktok
    • Instagram
  • Cidadanía dixital
    • Seguridade e desinformación
    • Trámites dixitais
    • Control parental
    • Ferramentas IA
  • Contidos audiovisuais
    • Edición de imaxes
    • Aprende con Youtube

Onde se realizan?

Competencia dixital

Para ser dixitalmente competente necesítase combinar unha serie de coñecementos, destrezas e actitudes definidos como:

Coñecementos: aprendizaxe e asimilación do conxunto de principios, teorías e prácticas dunha área determinada.

Habilidades: capacidade para aplicar os coñecementos e utilizar prácticas básicas para completar tarefas, procedementos ou obxectivos. Existen habilidades cognitivas e habilidades prácticas (destreza manual e uso de ferramentas e instrumentos).

Actitudes: as actitudes necesarias para aplicar habilidades e coñecementos están centradas nunha actitude crítica e creativa, autonomía, responsabilidade e ética e inclúen valores, aspiracións e prioridades.

Requisitos para inscribirse

  • Persoas maiores de 14 anos.
  • Se che interesa repetir algún curso, terás que facelo nunha convocatoria anual distinta.
  • Se non podes asistir ao curso no que te inscribiches é importante que o comuniques. Pola contra, durante a convocatoria en cuestión o sistema non che permitirá  realizar ningunha outra inscrición.
  • As Bibliotecas Municipais da Coruña non outorgan nigún certificado ou diploma por estas accións formativas.

Actividades relacionadas

Sigue buscando actividades similares...

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible