Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Bibliotecas Municipais

coruna.gal

Documentais do barrio: BRAVÚ XXX

Por tipo de público:

Para público en xeral

Cando:

05/05/2025

Horario:

19.30 h

Duración:

60 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar a capacidade

Contacto:

Rúa Mercé, 56, baixo (15006 A Coruña)

Tel.: 981 298 122

www.facebook.com/redeoza.org

Organiza:

Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros organiza a proxección do documental "BRAVÚ XXX"

A Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros organiza a proxección do documental BRAVÚ XXX.
BRAVÚ XXX é un filme documental realizado por Nós Televisión, no que Xurxo Souto invoca o cosmos bravú trinta anos despois do nacemento deste movemento.
BRAVÚ XXX
O grupo musical Rager (Proxecto Xeración Sónica) de Pontevedra; Paola Beiro das Garotas da Ribeira; Nuno Pico, de Grande Amore: Xosé Manuel Pereiro, alias Johnny Rotring en Radio Océano; María Xosé Silvar, Sés; Os Vacalouras... son algunhas das artistas que conforman este filme documental de Nós Televisión que viaxa a través do tempo, da historia e do país ata chegar á aldea de Viana en Chantada, onde naceu o concepto do bravú. Esta viaxe, conducida por Xurxo Souto, levaranos a coñecer a Richi de Rastreros. Antón dos Papaqueixos, Rafa de Caimán do Río Tea e Benxa dos Impresentables, tamén cofundadores dun movemento que o revolucionou todo.
O filme foi realizado co apoio institucional do Concello de Chantada, do Concello de Pontevedra, da Deputación da Coruña, do Concello da Coruña, do Concello de Santiago e do Concello de Carballo.

Sigue buscando actividades similares...

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible