Público adulto e mocidade
29/05/2023
Xa rematou
19 horas
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
981 18 43 88
As Bibliotecas Municipais, en colaboración coa Asociación querENDO Mulleres con Endometriose, informamos e visibilizamos o Día da Hixiene Menstrual (28 de maio) con charlas informativas e recursos bibliográficos dispoñibles para consultar ou levar en préstamo.
Saúde menstrual e Endometriose é o faladorio que teremos na biblioteca Durán Loriga para dar a coñecer e recoñecer os síntomas e os tratamentos, así como a abordaxe que dende o sistema público de saúde se fai, da Endometriose e o sesgo de xénero desta doenza, que afecta á saúde menstrual de unha de cada dez mulleres en idade fértil.
Contaremos con Verónica Ramilo, da Asociación querENDO Mulleres con Endometriose, para dar luz á Endometriose, que obriga a convivir coa fatiga crónica e a dor e xa afectra a máis de 60 mil galegas.
Os problemas da saúde menstrual xeran discriminación e estigmatización de millóns de mulleres. A menstruación debe ser entendida como un proceso biolóxico para que as persoas que menstrúan non sexan renegadas nin excluídas, nin sintan medo nin vergoña.
En todas as nosas bibliotecas temos a disposición da cidadanía libros informativos sobre hixiene e saúde menstrual. Nas bibliotecas de Durán Loriga, Monte Alto e Rosales temos, ademais, a sección "Rompendo Regras", un centro de interese que toma o seu nome do Laboratorio de Participación cidadá en prol dunha menstruación digna e ecosaudable, do Grupo de Igualdade da Facultade de Ciencias da Educación da UDC.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible