Encontros e presentacións
Para público en xeral
21/04/2025
Xa rematou
Acceso libre ata completar a capacidade
Das 19.00 ás 20.00 h
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.
O luns 21 de abril ás 19.00 h na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano temos a presentación do libro "Las Cartas del Forastero: Historias de un Inmigrante" de Johan López Sánchez.
Actividade con acceso libre ata completar a capacidade.
SINOPSE:
Las Cartas del Forastero é unha viaxe de transformación e resiliencia. Un canto á esperanza e a integración. Como inmigrantes, cada paso que damos é unha decisión ao destino que queremos, á vida que soñamos. Non é só un libro para as persoas migrantes ou nativas. É un texto para aquelas que queiran ser transformadas.
A través de 12 capítulos faremos unha viaxe, non só física, senón emocional. Partindo desde A Arxentina, pasando pola miña natal Venezuela, os Estados Unidos e a vida nas diferentes cidades de España que me acolleron. Cada etapa está impregnada de loita, esforzo e determinación.
É un relato a través de historias para Akiva, -a descendencia- e ensinanzas sobre as relacións humanas, decisións, equivocacións e acertos, momentos de alegría, aprendizaxes, dó, desarraigamento e adaptación, cheo de personaxes incribles que fun coñecendo no camiño e que marcaron a miña vida.
Las Cartas del Forastero é a miña historia, tan singular e universal como a de calquera outro inmigrante, contada desde o agradecemento e a dúbida; a certeza e a incerteza; a cotiandade e os soños. Acompañada dunha linguaxe sinxela e cunha narrativa chea de matices musicais e cinematográficos que son parte da miña vida. Convídote a lelas e viaxar comigo nesta marabilla variada que é emigrar, que é vivir.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible