Entre o 4 de setmbro e o 31 de outubro, a Biblioteca Municipal de Estudos Locais organiza unha mostra que lembra o centenario, neste 2017, de dúas persoas coruñesas que a cidade herculina lle deu ás artes: Fanny Garrido e Fernando Rey.
Fanny Garrido
No caso de Fanny Garrido, neste ano conmemórase o centenario do seu pasamento.
Esta coruñesa foi unha escritora do século XIX de sólida cultura, que coñecía varias linguas e que participou activamente na vida cultural da época na que viviu.
O poema que aparece na Gramática do idioma galego de Manuel Lugrís Freire, de 1922, na páxina 97, é obra de Fanny Garrido e foi aducido polo autor como exemplo para as formas pleonásticas verbais.
Tamén pode lerse este poema na Antoloxía de literatura feminina e feminista da segunda metado do século XIX, editada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega.
Fernando Rey
Pola súa banda, Fernando Rey cumpriría, se vivise, neste 2017, cen anos.
Este coruñés foi o actor máis internacional do cine español que traballou ás ordes dos máis grandes directores españois e extranxeiros.
Fotografía tomada o 8 de febreiro de 1975 con motivo da celebración , no Hotel Finisterre, dun almorzo-homenaxe a Fernando Rey.
Na imaxe pode verse, ademais de a Fernando Rey, e entre outros, a seus íntimos amigos González Garcés, Luis Rodríguez Alonso, Enrique Cornide e Alfonso G. Catoyra
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible