Clubs. Obradoiros
Público adulto
Require inscrición
En que consiste o club de teatro lido?
O club de teatro lido é un grupo de persoas que se reúne semanalmente na biblioteca Sagrada Familia para traballar arredor do mundo teatral. Partimos de textos, non necesariamente dramáticos, de todos os estilos e tempos, tanto en galego como en castelán, para mediante xogos e técnicas de expresión oral e corporal, realizar unha montaxe que se representa ao final do curso.
En grupo trabállanse os textos, dáselle forma dramática se non a teñen, analízanse os personaxes, búscase un fío condutor que enlace todos eles e, finalmente, intégranse con música e audiovisuais, para lograr un espectáculo final.
Ademais de mellorar a lectura e expresión en público, tamén se aprenden métodos de interpretación, non só oral, senón tamén corporal. E todo dun xeito divertido e adaptado a cada participante.
Onde e cando
Biblioteca | Día | Hora |
Biblioteca Sagrada Familia | Xoves | 19 - 20:30 horas |
Entidades
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible