Otras actividades
Juvenil / Adultos
Todo o ano. Semanal
Acompañámoste a través da nosa voz con diversas lecturas!
Qué é Lemos para ti?
Co obxectivo de acompañar a través da voz e achegar lecturas á cidadanía, especialmente ás persoas non conectadas a través da Internet e/ou das redes sociais, presentamos a proposta "Lemos para ti".
"A lectura en voz alta pode ser unha actividade hospitalaria, confortante, alentadora. Fronte á lectura solitaria e illada, a lectura en voz alta é unha forma de encontro, de convocatoria. A lectura en voz alta require a presenza doutros, crea comunidade. E iso produce pracer...". (Juan Mata, presidente de Entrelibros)
Cómo participar
Onde e cando
Semanalmente compartiremos en audio lecturas en voz alta de diversos fragmentos de obras de distintos xéneros, desde novela e relato breve ata poesía. Aquelas persoas familiarizadas coas redes sociais tamén podedes gozar das lecturas nas nosas canles de Ivoox ou de Spotify.
Especiais temáticos
Entidades
Tamén che pode interesar
Programas relacionados
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible