Persoas adultas
Require inscrición
De outubro a maio. Quincenal
En que consiste O Pensadoiro-Café filosófico?
O Pensadoiro pretende ser un espazo de encontro para persoas ás que lles gusta dialogar e debater ideas do mundo que nos arrodea. Nel propoñémonos retomar a vertente práctica e comunitaria da filosofía, baseada no exercicio activo e en común da capacidade racional que todos temos.
A partir de distintos materiais (textos filosóficos, literarios etc), que nos servirán de eixe temático, e ao longo dunha serie de sesións, iniciaremos un diálogo aberto que non necesariamente ten que conducirnos a respostas concluíntes e definitivas senón, máis ben, como corresponde á verdadeira actitude filosófica, a abrir novos interrogantes e descubrir puntos de vista alternativos aos nosos.
Para participar non é necesario ter coñecementos previos de filosofía, tan só espírito crítico e ganas de cuestionarse as cousas.
Como participar?
Onde e cando
Biblioteca | Grupos | Día | Hora | Periodicidade | Prazas |
Biblioteca Os Rosales | Grupo 1 | Mércores | 18.30h | Quincenal | 14 |
Grupo 2 | Mércores alternos | 18.30h | Quincenal | 14 | |
Grupo 3 | Xoves | 18.30h | Quincenal | 14 |
Entidades
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible