Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Bibliotecas Municipais

coruna.gal

Ando na Coruña: A Coruña dos deportados

Por tipo de actividade:

Charlas e debates

Por tipo de público:

Persoas adultas

Cando:

Os días 07/05/2025 ás 18:00 , 14/05/2025 ás 18:00 , 21/05/2025 ás 18:00

Inscricións:

Dende o 30/04/2025 ata o 07/05/2025

Require inscrición previa

Enderezo:

Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña

Requisitos:

Inscrición previa

As persoas inscritas en cada actividade comprométense a asistir ás 3 sesións que a compoñen. O feito de non asistir a unha das sesións sen comunicalo previamente, fará que cause baixa para o resto das sesións e que a súa praza sexa ocupada pola seguinte persoa da lista de espera. 

O número de participantes variará dependendo dos requisitos e necesidades de cada actividade en concreto.

Contacto:

Teléf.: 981 184 386

Biblioteca Estudos Locais

Organiza:

Biblioteca de Estudos Locais

A Coruña honra a memoria dos seus 21 deportados aos campos de concentración nazis a través dunha iniciativa conxunta da ARMH e o Concello. A investigación exhaustiva da ARMH, plasmada en sete libros e numerosos artigos de prensa, revela as historias destes homes e o impacto nas súas familias. Ademais, a cidade uniuse ao proxecto internacional Stolpersteine, instalando 17 placas conmemorativas nos lugares de nacemento e residencia destas vítimas do nazismo, mantendo vivo o seu recordo.

7 de maio_ Introducción á deportación: os coruñeses en campos nazis 

A cargo de Carmen García Rodeja e David Lozano.

Nesta primeira sesión proponse abordar o tema da deportación de coruñeses a campos de concentración nazi. Explicar o que supuxo o golpe de Estado de 1936 e a odisea destes veciños da Coruña fuxindo a loitar pola República e o exilio, os campos franceses, a participación na guerra mundial, os campos de prisioneiros de guerra e a deportación ós campos nazis.

Entrega de dossier con bibliografía.

14 de maio_ Casos prácticos e encontro con familiares 

A cargo de Carmen García Rodeja, David Lozano e José Luís Alamán, neto do deportado Martín Ferreiro. Será un encontro con textos e videos ilustrativos sobre este caso de coruñés deportado e asasinado en Mauthausen e unha conversa co seu neto José Luís Alamán

21 de maio_ As homenaxes: Os stolpersteine, roteiro na cidade 

Realizaremos un roteiro polos stolpersteine colocados no centro da cidade, e outros lugares do centro relacionados cos deportados que sexan significativos, comentando os casos e o contexto da Coruña dos anos 30.

Queres saber ...

  • Ando na Coruña

    En que consiste Ando na Coruña?

    ANDO NA CORUÑA é un programa que ten como obxectivo a divulgación de temas relacionados coa Coruña, calquera que sexa a súa especialidade, e a dos fondos que a Biblioteca de Estudos Locais teña sobre a dita temática.

    Persegue, ademais, dar a coñecer a BMEL como biblioteca especializada na cidade.

    O programa estará integrado, anualmente, por 3 actividades nas que se tratarán diferentes propostas relacionadas coa cidade. A temática incluirá calquera aspecto relacionado coa Coruña: arquitectura, personalidades, costumes...

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible