Charlas e debates
Persoas adultas
+ 18 anos
12/02/2025
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade
18.30 h
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
981 184389
Aventúrate a descubrir un novo tema de interese, a ampliar información e contrastar ideas, coñecementos opinións arredor de temas de actualidade ou de interese xeral.
Moito cambiou a vida dende que o filósofo Inmanuel Kant afirmara na introdución ao seu escrito 'Sobre pedagoxía', alá polo 1803, que o ser humano so pode ser humano pola educación, que non é nin pode ser máis que o que "a educación fai del". Porén, douscentos anos despois, os retos aos que se enfrenta a ensinanza non deixan de crecer nun mundo que muda a velocidades lumínicas por mor do impacto das tecnoloxías e das transformacións sociais aceleradas.
Na Biblioteca Municipal Os Rosales, propoñémosvos reflexionar sobre estes desafíos actuais e futuros da educación atendendo nesta ocasión ao caso concreto da educación medioambiental, un campo de probas moi interesante para a ensinanza pola súa relación coa adaptación ao medio e a modificación da conducta.
Ricardo García Mira é catedrático de Psicoloxía Social na UDC, especializado en Psicoloxía Ambiental. Dirixiu o Grupo de Investigación Persoa-Ambiente da UDC no periodo 1995-2016 e conta con máis de 100 publicacións científicas de ámbito nacional e internacional, entre moitos outros méritos profesionais e académicos.
Queres saber ...
En que consisten as charlas?
Soas ou en colaboración, as bibliotecas organizan charlas, conferencias, debates. Poden ser unha boa opción para achegarse a un tema de actualidade ou de interese xeral, e unha alternativa máis para descubrir cousas novas ou afondar nas que xa coñeces, para alimentar a reflexión persoal e/ou debater e compartir con outras persoas.
Colaboramos con expertos, programamos con entidades e asociacións da nosa contorna, especializadas en ámbitos diversos e ademais, recollemos todas as suxestións que nos chegan para mellorar a oferta día a día.
Para quen queira seguir pescudando procuramos seleccionar todo tipo de materiais: libros, revistas, documentais, recursos web etc. relacionados e ofrecelos en forma de guías de lectura, mostras, seleccións de recursos ou nos centros de interese que atoparás nas bibliotecas.
Se hai algún tema que che interese, se pertences a unha organización especializada en algo concreto e queres difundir o seu coñecemento e a súa actividade, ou se sabes dun tema e estráñalo na oferta das bibliotecas envíanos a túa proposta, axudaranos.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible