A arte de aprender: Repensando a educación nun mundo dixital.
Nace un novo ciclo temático na Biblioteca Os Rosales nos meses de febreiro e marzo de 2025, onde repensar a educación nun mundo dixital.
Moito cambiou a vida dende que o filósofo Immanuel Kant afirmara na introdución ao seu escrito Sobre pedagoxía, alá polo 1803, que o ser humano só pode ser humano pola educación, que non é nin pode ser máis que o que "a educación fai del". Engadía ademais que, pola súa natureza, tende á liberdade, vencellando implícitamente ambos conceptos entre si e, dalgunha maneira, fixando ese vencello como un horizonte permanente para o futuro da pedagoxía.
Porén, douscentos anos despois, os retos aos que se enfronta a educación non deixan de crecer nun mundo que muda a velocidades lumínicas por mor do impacto das tecnoloxías e das transformacións sociais aceleradas.
Agora parece, como dicía un informe da OCDE en 2019, que todo está en Internet e que o que teñen que facer rapaces e rapazas é aprender a discriminar a información coas ferramentas do mundo dixital.
Paralelamente, foi xurdindo unha nova xerga pedagóxica que pode soar un tanto desconcertante para os non iniciados, con termos como gamificación, ludificación, educación socioemocional ou anglicismos importados tipo visual thinking ou neurotrading. Tampouco hai que esquecer a recorrencia de debates clásicos como "deberes si ou deberes non" ou outros máis complexos como o das virtudes da educación na casa (homeschooling), por exemplo.
Finalmente, algunhas voces como a do historiador Yuval Noah Harari afirman categoricamente que non sabemos como vai ser o mundo en menos de trinta anos, e que a educación do futuro debe ter este factor fundamental en conta.
Propoñémosvos, pois, facer unha reflexión sobre todos estes desafíos actuais e futuros da educación con este ciclo temático.
Actividades do ciclo:
Ao longo dos meses de febreiro e marzo, teremos na Biblioteca Os Rosales:
Unha mostra documental con materiais bibliográficos sobre a temática de distintas tipoloxías.
Lecturas e debates dentro das sesións do trimestre dos programas O Pensatorio e Café con Libros.
Dúas charlas con expertos na materia:
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible