Encontros e presentacións
Persoas adultas
10/04/2025
Entrada libre ata completar a capacidade
19 h
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
O próximo 10 de abril temos unha cita triple: os tres grupos do club QUEERuña conversaremos con tres das persoas que participaron na creación da obra "Alguén nos lembrará": Nee Barros, Nuria Vil e Aranxa Serantes.
Alguén nos lembrará: Antoloxía de relatos LGBTIQA+, será a lectura do mes de abril do club Queeruña, que nos facilita a Biblioteca da Deputación da Coruña a través da súa plataforma de libro dixital e que poderás escoller como lectura dixital se tés o carné de calquera biblioteca pública da provincia.
Sinopse da obra:
Unha casa de bonecas, un campamento, cartas, amigues, tritóns, resacas, amor, odio, coidados, memoria... Moitas son as historias que durante séculos ficaron exiliadas entre as liñas, que non foron permitidas ou que se ignoraron á mantenta. Hoxe as marxes alzan a voz para enunciar con orgullo a narrativa dunha realidade diversa. Esta é unha antoloxía con quince perspectivas novas e diferentes arredor da disidencia de sexo e xénero. Quince voces de ata 30 anos que escriben co convencemento de que, como dixo Safo, "Alguén nos lembrará".
A entrada é libre ata completar a capacidade.
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible