Talleres
Infantil
De 8 a 14 anos
03/01/2023
Xa rematou
Dende o 27/12/2022 ata o 03/01/2023
Require inscrición
De 18 a 19 h.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
981184298
Queres construír o teu propio planisferio celeste e saber como identificar as constelacións que ves no ceo todos os días!!! Esperámoste na Biblioteca Forum e da man da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío coñecerás todo o relacionado co firmamento que vemos a diario.
Neste obradoiro as rapazas e rapaces asistentes montarán un planisferio celeste da man da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e aprenderán a usalo para identificar as constelacións que podemos ver no ceo de Galicia en calquera noite da nosa vida e comprender como varía o firmamento co paso das horas e os días.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible