Encontros e presentacións
Persoas adultas
Persoas adultas.
30/04/2025
Entrada libre ata completar a capacidade.
De 19 a 20 horas
60 mins
Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña
#bibliotecadeestudoslocais #literatura #encontros #presentacións #libros
98184386
Biblioteca Municipal de Estudos Locais
A Biblioteca de Estudos Locais acolle a presentación de tres obras de Ana Lojo: "Marea Morta", "5" e "Ronsel de cartas. Alph@".
A novela 'Marea morta' contén información moi valiosa, xa que todo o relacionado co folclore galego (mitos, lendas, rituais, tradicións e gastronomía) está baseado en testemuñas reais, onde a mestura de culturas e linguas envólvenos nunha historia memorable.
O poemario '5' plasma sentimentos e emocións, logrando transmitir a importancia dos valores.
A novela 'Ronsel de cartas. Alph@' é unha obra didáctica repleta de xogos, adiviñas, curiosidades e manualidades; narra unha historia de aventuras que reflicte a importancia da amizade e do compañeirismo, que axudan a combater o acoso.
Ana Lojo Chan, nacida en Galicia en 1978, é unha mestra de inglés de Infantil e Primaria que empezou escribindo contos para os seus alumnos/as. Esta afección derivou en proxectos máis ambiciosos, que enxalzan a sabedoría popular e a relevancia da mestura de culturas, creando historias amenas para que toda a información recompilada, tras anos de investigación de campo, resultase entretida.
A autora comezou a escribir poesía para plasmar en palabras os sentimentos de familiares e amigos/as; así, a través dos versos, tenta proporcionar outra perspectiva de certas emocións.
Aquí podes escoitar o seu poema "Voa, se valente":Ana Lojo Chan | Grazas Paulo de Oliveira pola creación deste vídeo montaxe #MAREAMORTA #edicioneseuropa #5i #europaeditions #europebooks... | Instagram
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible