Charlas e debates
Persoas adultas
+ 14 anos
20/03/2023
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade
18.30h
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
981 184389
Comeza o ciclo de encontros literarios na Biblioteca Os Rosales, nestes meses de primavera 2023, dirixidos tanto aos tres clubs de lectura, Café con libros, como ao resto da poboación do barrio e da cidade. Aínda que promovemos e asistimos á variada oferta literaria da cidade ao longo do ano, sempre é unha motivación extra para todas, contar con autoras e autores na nosa propia Biblioteca e/ou con actividades específicas dirixidas ás lectoras fieis de Café con libros.
Na Biblioteca Os Rosales adiantámonos por unhas horas á entrada da primavera cun encontro con Ismael Ramos arredor do seu poemario Lixeiro, co que veu de recibir o Premio Nacional de Poesía Joven 2022. A poesía continúa a ser un xénero que custa ler e comentar no conxunto dos clubs de lectura Café con libros pero as coordinadoras seguimos apostando por tentalo. Neste caso cunha conversa con Ismael Ramos, dando pé ademáis á celebración do 21 de marzo, Día Mundial da Poesía.
Ismael Ramos (Mazaricos, 1994), profesor e poeta, é autor dos poemarios Lixeiro (Xerais, 2021), Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández; Lumes (Apiario, 2017), Premio Javier Morote de Las Librerías Recomiendan e Os fillos da fame (Xerais, 2016), Premio Johán Carballeira de Poesía.Como articulista recibiu o Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey (2022) e colabora habitualmente en elDiario.es. A parte fácil é o seu primeiro libro de contos, sobre o que tamén conversaremos na Biblioteca.
Queres saber ...
En que consisten as charlas?
Soas ou en colaboración, as bibliotecas organizan charlas, conferencias, debates. Poden ser unha boa opción para achegarse a un tema de actualidade ou de interese xeral, e unha alternativa máis para descubrir cousas novas ou afondar nas que xa coñeces, para alimentar a reflexión persoal e/ou debater e compartir con outras persoas.
Colaboramos con expertos, programamos con entidades e asociacións da nosa contorna, especializadas en ámbitos diversos e ademais, recollemos todas as suxestións que nos chegan para mellorar a oferta día a día.
Para quen queira seguir pescudando procuramos seleccionar todo tipo de materiais: libros, revistas, documentais, recursos web etc. relacionados e ofrecelos en forma de guías de lectura, mostras, seleccións de recursos ou nos centros de interese que atoparás nas bibliotecas.
Se hai algún tema que che interese, se pertences a unha organización especializada en algo concreto e queres difundir o seu coñecemento e a súa actividade, ou se sabes dun tema e estráñalo na oferta das bibliotecas envíanos a túa proposta, axudaranos.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible