Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Bibliotecas Municipais

coruna.gal

Primavera literaria 2025: Conversa con Teresa Moure

Por tipo de actividade:

Charlas e debates

Por tipo de público:

Persoas adultas

A quen vai dirixido?:

+ 16 anos

Cando:

27/05/2025

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

18.30 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña

Hashtag:

#PrimaveraLiteraria

Contacto:

brosales@coruna.es

981 184389

Da man de Teresa Moure fechamos, tanto a nosa Primavera literaria 2025, como o curso 2024-2025 dos clubs de lectura da Biblioteca Os Rosales. Primavera literaria é un ciclo de encontros dirixidos tanto aos catro clubs de lectura, Café con libros, como ao resto da poboación do barrio e da cidade. Aínda que promovemos e asistimos á variada oferta literaria da cidade ao longo do ano, sempre é unha motivación extra para todas, contar con autoras e autores na nosa propia Biblioteca e/ou con actividades específicas dirixidas ás lectoras fieis de Café con libros.

Neste 2025 cúmprense 20 anos de Herba moura. O curso pasado limos o Premio Xerais 2005 nos nosos tres clubs. Neste 2024-2025 levamos lidos xuntas Unha primavera para Aldara e Sopas New Campbell e máis que nos gustaría ter lido de Teresa Moure antes de convidala a unha conversa na Biblioteca.

Son tantos os temas que toca no conxunto da súa obra, que non sabemos ao que nos dará tempo, pero dende logo será unha honra contar coa súa participación no noso ciclo de encontros e pechar o curso por todo o alto!

Queres saber ...

  • Charlas, conferencias e debates

    En que consisten as charlas?

    Soas ou en colaboración, as bibliotecas organizan charlas, conferencias, debates. Poden ser unha boa opción para achegarse a un tema de actualidade ou de interese xeral, e unha alternativa máis para descubrir cousas novas ou afondar nas que xa coñeces, para alimentar a reflexión persoal e/ou debater e compartir con outras persoas.

    Colaboramos con expertos, programamos con entidades e asociacións da nosa contorna, especializadas en ámbitos diversos e ademais, recollemos todas as suxestións que nos chegan para mellorar a oferta día a día.

    Para quen queira seguir pescudando procuramos seleccionar todo tipo de materiais: libros, revistas, documentais, recursos web etc. relacionados e ofrecelos en forma de guías de lectura, mostras, seleccións de recursos ou nos centros de interese que atoparás nas bibliotecas.

    Se hai algún tema que che interese, se pertences a unha organización especializada en algo concreto e queres difundir o seu coñecemento e a súa actividade, ou se sabes dun tema e estráñalo na oferta das bibliotecas envíanos a túa proposta, axudaranos.

    Máis información

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible